miércoles, 9 de marzo de 2011

2ª Autonómica: 3 puntos que poden valer unha permanencia

Paso de xigante do Sporting Pontenova o pasado domingo ante o Pol, nun partido disputado en Bretoña. Os gualdinegros tiñan unha oportunidade inmellorable para escapar dos postos perigosos e, de paso, afundir un pouco máis neles ó equipo de Miranda. Resolveu Javín ó principio da segunda parte cun gol que resultaría definitivo, e que deixa ós de Moirón 5 puntos por riba do descenso e a só 3 do Meira, 9º clasificado.

O partido máis importante da temporada, ata o momento, disputouse o pasado domingo en Bretoña. O rival era o Pol de Miranda, que se atopaba só un punto por debaixo do Sporting e que, despois de vencer por un contundente 1-5 na Mina, chegaba a este partido convencido de repetir a machada. Pero xa non é o mismo Sporting, pois os de Moirón viñan firmando unha gran segunda volta e non perdían dende a visita ó líder Xermade. Pero comezaron mellor os locais, poñendo en apuros a César nun par de ocasións importantes protagonizadas por dous ex-sportinguistas, Turbo e Diego Lamas. Nunha delas o pau encargouse de evitar o gol vermello, e noutra foi o meta pontenovés, cunha parada espectacular, quen evitou que se adiantasen os da casa. Non estaba fina como en outras ocasións a defensa gualdinegra, e o equipo estábao notando concedendo máis oportunidades que de costumbre. En ataque, Rañón, que firmou un gran partido, estaba sendo un dos protagonistas demostrando calidade na mediapunta, flanqueado por Fran e Puente nas bandas, moi activos os dous, e por Javín na punta de ataque, ó que non lle chegaron moitos balóns neste primeiro tempo. Co paso dos minutos parecía que os de Moirón iban atopando o seu sitio no campo, pero o marcador non se moveu nos primeiros 45 minutos.
No segundo tempo a intensidade subiu dende o pitido inicial. Ambos conxuntos, dada a súa posición na táboa, necesitaban os puntos como o comer, e a dureza no terreo de xogo foi medrando co paso dos minutos. Pero a maior calidade dos gualdinegros saíu a relucir a pesar do estado do céspede, e as ocasións empezaron a aparecer rápidamente. Avisou Rañón cunha ocasión que desperdiciou logo dun pase da morte ó punto de penalti, enviado o balón alto cando xa se cantaba o gol. Despois foi Javín que enviou o balón demasiado cruzado estando só diante do porteiro. E de novo este último, nunha xogada calcada á anterior, volveuse a plantar totalmente só ante o meta. Pero nesta non fallou, e volveu a definir cun disparo cruzado que se colou cerca do pau da portería do Pol. Facíase xustiza en Bretoña e adiantábase o Sporting, que con ese resultado acercábase moito máis ó obxetivo da permanencia. Iban 15 minutos da segunda parte, e agora tocáballe ó Pol coller o control do esférico, pero os pontenoveses non llelo ían poñer nada fácil. Puente puido sentenciar o choque, pero o seu control foiselle largo cando se dirixía a encarar ó porteiro. Antes de ser sustituído volveu a ser protagonista, esta vez por ser víctima dunha clarísima agresión ante a que o árbitro, moi discutido na tarde do domingo, fixo a vista gorda. No último tramo de partido os de Miranda intentárono, pero a defensa gualdinegra recuperou a sobriedade perdida na primeira parte e conseguiu manter de novo, por terceira xornada consecutiva, a portería a 0, pois o marcador non se moveu e rematou coa victoria por 0-1 gracias ó gol de Javín.
Con esta victoria, o Sporting enlaza 3 triunfos nas últimas 3 xornadas, todos eles de visitante, o que lle permite alonxarse a 5 puntos dos postos de descenso e a 4 do Pol, o que marca o límite para estar tranquilos ante posibles arrastres. Por arriba, o Celta Barreiros e o Cospeito están a só un punto, e o Meira, 9º clasificado, atópase a 3. O próximo domingo terá un novo examen da súa asignatura pendiente, a Mina, donde leva 5 meses sen gañar. Será ante o Bonxe, penúltimo da táboa, ás 4 e media da tarde. 

No hay comentarios: