martes, 22 de marzo de 2011

2ª Autonómica: Un Sporting lanzado vence pola mínima en Roupar e suma o seu 5º triunfo seguido

O mellor momento da temporada para o Sporting Pontenova confirmouse coa 6ª xornada consecutiva sen perder e co 5º triunfo consecutivo, o último o pasado sábado no campo do Roupar. Foi un partido no que os pontenoveses foron superiores no global do encontro, pero que se decidiu por un gol de Puente xusto antes de chegar ó descanso logo dun grave erro do porteiro local. No segundo tempo os de Moirón seguiron controlando, pero as cousas complicáronse nos minutos finais logo das expulsións dos dous centrales, Manu e Lolo, que se perderán a vindeira xornada. Minutos antes tamén vira a vermella un xogador do Roupar. Aínda así, os gualdinegros aguantaron e fixéronse cunha importante victoria que deixa a permanencia case sentenciada, situándose a a 10 puntos do descenso directo e a 7 dos postos con perigo de arrastres, a falta de 4 xornadas e 12 puntos en xogo. O seguinte rival será o Rioaveso, que visitará A Mina o domingo ás 17.30 da tarde.

No hay comentarios: