lunes, 27 de abril de 2009

3ª Autonómica: O Sporting ascende logo de vencer ó Codesido (2-0) e gracias ó empate do Candelaria

Xornada de telefonos a que se viviu onte no Campo da Mina. As malas noticias xa chegaban o principio, pois o Catro Roldas retrasara o seu partido 10 minutos para poder especular co resultado dependendo do que ocurrise na Mina. Pero o Sporting, o que so lle valia gañar, cumpliu sobradamente. Sen facer un gran partido, non pasou problemas en ningun momento. As oportunidades chegaban con asiduidade, ainda que o gol resistiase, ata que, preto da media hora, unha xogada de Otto pola banda remataria cun bo disparo que o porteiro do Codesido non foi capaz de blocar, e Fran, atento o rechace, enviou o balon de cabeza o fondo das redes. O guion non mudou a partir do gol, e os locais seguian tendo o partido totalmente controlado e con ocasions para aumentar a renta, pero o descanso chegouse co 1-0. A segunda metade chegaria coa gran noticia do gol do Catro Roldas, o que deixaba o ascenso case en bandexa, pois necesitarianse dous goles do Candelaria para non cumplir co obxetivo. O Codesido, ainda sen xogarse nada, estaba moi motivado e puxo en apuros a porteria de Juanqui en algunha ocasion, pero o Sporting non tardou en recuperar o tono do partido e a sentencia chegaria a redor do minuto 25, cando Javi, logo dunha mala salida do porteiro, estableceu o 2-0 que deu tranquilidade os locais. Pero a tarde non ia ser relaxada, pois por telefono chegaba a noticia do empate do Candelaria en Catro Roldas. Un gol mais e o Sporting estaria fora do ascenso. Asi se chegaria o final na Pontenova, pero ainda quedaban 10 minutos no outro partido, polo que os xogadores e numerosa aficion se quedou no campo esperando o final. E o peor momento produciuse cando os xogadores do Codesido comunicaron que habia penalti a favor do Candelaria. A tension apoderouse de toda a xente, pero transformariase en alegria cando se soupo que o porteiro do Catro Roldas detivera a pena maxima. E poucos minutos despois, chegou o delirio cando o arbitro pitou o final dese partido, que rematou en empate. Ese resultado propiciou a volta a Segunda Autonomica do Sporting Pontenova un ano despois.
A partir de ahi, toda a aficion e sobre todo os xogadores celebraron como se merece outro ascenso, o terceiro na nova etapa do equipo. E cunhos pinchos no bar do campo despediuse esta Liga, ainda que a festa polo ascenso seguiu durante gran parte da noite.
Finalmente, o Sporting remata a competicion no terceiro posto, por detras de Meira e Luis Pimentel, que tamen competiran en Segunda Autonomica a proxima temporada. E agora comeza a disputa da Copa Diputacion, da que comunicaremos proximamente fechas e rivais.

No hay comentarios: