viernes, 3 de abril de 2009

El Progreso 01/04/2009: "Da portería ó pichichi"

Venres 3 de Abril de 2009

Andrés R. Gavino / El Progreso (Lugo)
O fútbol é caprichoso e, en moitas ocasións, as xogadas máis determinantes nacen no momento menos esperado. Un exemplo claro ocurriu a pasada xornada na Tercera Autonómica, máis concretamente no encontro que enfrentou o Matela e ó Spórting Pontenova no campo de San Lorenzo de Aguiar. O gardameta do Pontenova, Juan Carlos Rodil Ron, Juanki, convertiuse en protagonista ó anotar un gran tanto dende a súa área. A xogada naceu tras un saque de esquina. "Despois dun ataque do Matela, un lío na área rematou co balón en córner. Eles sacaron e parei o balón", relata. Entón, cuando se disponía a sacar, confiou nas súas posibilidades de marcar un gol, a pesar de que introducir a pelota na portería contraria desa forma supoñía unha misión casi imposible. "Fixeime en que o porteiro do Matela estaba adiantado e saquei en largo; entonces, o balón botoulle diante, pasoulle por riba e colouse dentro da portería", narra. Todo o equipo celebrou o gol con incredulidade, pola forma pouco frecuente na que se anotou, e con alegría, porque supoñía o 3-0 que sentenciaba o partido. O duelo acabaría cun resultado de 1-4 para os visitantes. Para optar por un saque así, Juanki tamén observou que as condicións eran favorables porque "o viento soplaba a favor e era máis fácil".
Ascenso
A victoria do fin de semana acerca ó Spórting Pontenova á Segunda Autonómica ó colocarse no terceiro posto do Grupo 12 de Terceira, que da dereito ó ascenso. "Calidade hai de sobra para ascender; quedanos medirnos ó Momán na casa, ó Candelaria fóra e acabar co Codesido en A Mina [na A Pontenova]", dice. De todos eles, o partido máis determinante será no que se miden ó Candelaria, segundo clasificado."Agora dependemos de nós y temos equipo para facelo ben", dice. Para axudar a que o equipo xogue a próxima tempada en Segunda, Juanki non duda en afirmar que volvería a intentar un gol similar se se dan unhas boas condicións. "Era a primera vez que o lograba, pero si podo volverei a intentalo porque farei todo o que sexa por aportar algo positivo ó Spórting e conseguir o noso obxetivo", asegura. Coas ganas e o bo facer do gardameta, o camiño será máis fácil para o cadro mariñano.

No hay comentarios: