
O Sporting saiu derrotado do Luis Gorgoso ante a Milagrosa, ainda que o resultado puido ser moi diferente. Os de Moiron chegaban a capital lucense con toda a ilusion do mundo e non defraudaron a toda a aficion que se desplazou dende A Pontenova. O partido non puido iniciar mellor. Un Sporting moi ben plantado e coas ideas moi claras empezaba controlando o partido e non deixaba que a Milagrosa impuxese o seu futbol de toque, e cunha gran presion e con numerosos roubos de balon impedian que os locais se aproveitasen da ventaxa que lles daba xogar en cesped artificial. Cerca do cuarto de hora, unha boa xogada dos visitantes remataba co balon nos pes de Matelo dentro da area, que define cun tiro raso o segundo pau ante o que o porteiro non puido facer nada. A sorpresa saltaba en Lugo. Despois do gol, o partido seguiu mais ou menos como estaba. A posesion era dos lucenses, pero as oportunidades mais claras estaba a ser dos pontenoveses, ainda que os locais tamen puideron conseguir o empate nalgunha xogada aislada. Asi se chegaria o descando. No segundo tempo as cousas cambiarian radicalmente. Neste periodo o Sporting non ia xogar contra 11, senon contra 12, pois o arbitro saiu do vestirario coa camiseta roxiblanca da Milagrosa por debaixo da negra. O pouco de comezar, chegaria o primeiro gol local. Un centro dende a dereita foi rematado a placer no segundo pau, poñendo as taboas no marcador. E pouco despois, nunha xogada moi protestada polos xogadores do Sporting, chegaria o segundo dos capitalinos, que remontaban asi un partido que estaba controlado polos visitantes. E ahi comezaba o espectaculo do colexiado. Minutos despois do gol local, inventase un fora de xogo cando Jorge xa encaraba en solitario o porteiro lucense. Toda a aficion se mostraba indignada ante esa decision, pois Jorge Moiron atopabase a case 2 metros do defensor no momento do pase. Pero non remataria ahi. Un carrusel de faltas a favor dos locais, a expulsion de Murias quedando 10 minutos... Un sinfin de decisions que non paraban de perxudicar os visitantes e nas que os xogadores da Milagrosa saian favorecidos unha e outra vez. E preto do final, e debido a presion que estaba exercendo a numerosa aficion sportinguista, o arbitro mandou avisar a autoridade, polo que tivo que prolongar o partido 6 minutos esperando a aparicion da Policia. O encontro rematou, por sorte, sen incidentes reseñables.
Mencion aparte merecen todos os seguidores que se desplazaron a Lugo ver o equipo. A numerosa aficion do Sporting triplicou a local e fixo que os xogadores se sentisen como na casa, polo que dende aqui toca dar as gracias a toda a xente que non fallou nun partido no que o equipo necesitaba o seu alento.
Con este resultado, a eliminatoria queda moi aberta e decidirase o proximo sabado na Mina. O partido sera as 6 da tarde, e dende aqui queremos animar a toda a xente do pobo a que, aproveitando o dia de festa, se acerque o campo, xa que unha victoria por 1-0 seria suficiente para avanzar a seguinte ronda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario