lunes, 20 de abril de 2009

Xuvenil: O Sporting despide a Liga con unha derrota en Lourenza (3-1)

Luns, 20 de Abril de 2009

Rematou a Liga máis exitosa da historia do Sporting xuvenil coa clasificación para a Promoción de ascenso a Liga Galega que se comezará a disputar a semana que ven. O Sporting cerrou a liga coa súa terceira derrota da tempada no campo de Santa Cruz de Lourenzá por un 3-1.
O vindeiro luns realizarase o sorteo de campos para a promoción donde se enfrentarán o Sporting Pontenova e a Milagrosa.Se a sorte acompañara o equipo pontenovés, poderiase disputar a volta da eliminatoria o día 2 de Mayo na Mina o que coincidiría coas Festas da Troita o cal axudaría e lle daría moito ánimo ó equipo para pasar a seguinte fase da promoción.

O equipo de Moirón que non se xogaba nada, saliu o campo relaxado e nunhas moi malas condicións de terreo, pese a todo, chegouse ó descanso cun resultado de 0-1 obra de Picota. Na segunda parte comezaron as rotacións e a relaxación visitante o que deu pé a remontada local e coa que o Sporting sumaba a súa terceira derrota no que vai de Liga, unha balance case impecable nunha competeción de 26 partidos. Aproveitouse tamén para limpiar os sancionados como Xoel ou Matelo para chegar á fasa de Ascenso sen ningunha baixa. A nota negativa foi a lesión de Hugo Leivas na mesma rodilla que o principio da tempada o que o fai dúbida para disputar as eliminatorias de ascenso.O vindeiro luns realizarase o sorteo de campos para a promoción donde se enfrentarán o Sporting Pontenova e a Milagrosa.Se a sorte acompañara o equipo pontenovés, poderiase disputar a volta da eliminatoria o día 2 de Mayo na Mina o que coincidiría coas Festas da Troita o cal axudaría e lle daría moito ánimo ó equipo para pasar a seguinte fase da promoción.O rival é en teoría asequible, será unha eliminatoria moi disputada sen claro favorito na que o equipo que meior se plante no terreo de xogo e menos fallos cometa pasará a seguinte fase, xa que ambos equipos téñen un gran balance goleador.Destacar, como finalización da liga, o gran traballo realizado por todo o equipo durante toda a campaña, xa que todolos xogadores foron moi importantes para a consecución deste obxectivo, dende o que máis minutos xogou ata o que menos ou dende o que máis goles meteu ata o que menos e todos nos debemos sentir enormemente orgullos de pertencer a este equipo e de levar o nome da Pontenova por Galicia nas vindeiras semanas de eliminatorias xa que durante toda a campaña deuse moito que falar e demostrouse que o Sporting xuvenil está entre os mellores equipos da provincia de Lugo, por diante de equipos como o Foz, o Burela, ou a Comercial que son equipos que ano tras ano aspiran a ter un equipo en Liga Galega.

Fonte: pontenova.es

No hay comentarios: