lunes, 6 de abril de 2009

Xuvenil: Histórica victoria ante o Xove Lago (4-0) que certifica a participación na fase de ascenso

Martes 7 de Abril de 2009

O Sporting Pontenova xuvenil disputou o seu penultimo partido de liga na Mina o pasado sabado, poñendolle o broche de ouro a esta campaña confirmando a sua presencia na fase de ascenso a Liga Galega logo de golear o Xove por 4-0 na Mina. Os rapaces de Moiron tardaron en entrar no partido, pois os visitantes sairon moi enchufados, pero as oportunidades non tardaron en chegar. Jorge ou Picota puideron abrir o marcador, pero seria Christian quen conseguise o primeiro gol da tarde, definindo logo dun magnifico pase de Leivas. Minutos despois, o mesmo xogador lograria o 2-0 co que se chegou o descanso. A segunda metade seguiu co guion marcado na primeira, con dominio local e con continuo perigo na area do Xove. O 3-0 chegaria a balon parado. Jorge Moiron transformou unha falta dende o borde da area logrando asi o seu vixesimoquinto gol en liga. A partir de ahi os pontenoveses comezaron xa a verse victoriosos e case estaban xa a celebrar a victoria, pero ainda quedaba outro gol, o 4-0 definitivo que conseguiu outra vez Christian firmando un 'hat-trick' que o convertiu no gran protagonista do encontro. E, por suposto, o finalizar o partido todo o equipo celebrou a clasificacion nunha gran festa na que non faltaron nin o champan, nin a sidra, nin os tipicos baños dos que non se libraron nin o adestrador, nin o presidente, nin moitos dos numerosos afeccionados presentes no campo da Mina, os que desde aqui toca agradecer a sua presencia durante toda a temporada, presentando o campo unha moi boa entrada partido tras partido.
Logo deste triunfo, o Sporting Pontenova xuvenil confirmou a sua presencia na promocion de ascenso a Liga Galega por primeira vez nos seus 5 anos de historia. O ultimo partido da Liga sera en Lourenza, un mero tramite para os de Moiron pero que intentaran rematar esta impresionante tempada da mellor maneira.

No hay comentarios: