viernes, 17 de abril de 2009

Partidos do fin de semana

Venres, 17 de Abril de 2009

1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8:
Sábado 18 de Abril, 17:00
Campo de Santa Cruz (Vilanova de Lourenzá)
A.D. Lourenzá - Sporting Pontenova

Os de Moirón despiden a Liga en Lourenzá, cos deberes xa feitos e nun partido trámite, no que intentarán conseguir outra victoria para chegar a tope de moral á fase de ascenso ante a Milagrosa o próximo fin de semana.

3ª Autonómica, Grupo 12:
Domingo 19 de Abril, 17:00
Rúa (Cervo)
Candelaria - Sporting Pontenova

O Sporting terá unha noval final en Rúa ante un Candelaria que tamén se está a xogar o ascenso e que só aventaxa ós de Sachas nun punto. Os da Pontenova dependen de sí mesmos para conseguir subir de categoría, e unha victoria o domingo deixaríallo en bandexa para culminalo na Mina o fin de semana seguinte ante o Codesido, na última xornada da competición. Xogadores e directiva queren animar a toda a afición a que se desplace a Cervo para apoialos no partido máis importante da temporada e así facer máis fácil a consecución do obxetivo marcado.

No hay comentarios: