lunes, 20 de abril de 2009

3ª Autonomica: O Sporting empata ante o Candelaria (2-2) e xa non depende de si mesmo para ascender

Luns, 20 de Abril de 2009

O Sporting Pontenova colleitou un empate en Rua ante o Candelaria, un resultado que non deixou contento a ningun dos dous equipos. Viuse un bo partido no campo cervense, propio de dous conxuntos que se xogan o ascenso e que disputaron un encontro cheo de tension, intensidade e polemica. Comezou dominando o equipo local, que se empregaba cunha dureza por momentos excesiva, e cun Sporting que non encontraba o seu sitio no terreo de xogo e que se atopou cun gol en contra o pouco de comezar a primeira parte, nun despiste defensivo. Despois do gol, os de Sachas, dirixidos este sabado por Moiron, foronse facendo pouco a pouco co control do encontro e comezaron a ter oportunidades, como unha de Fran nun lanzamento de falta que sacou o porteiro local cando xa se cantaba gol. O descanso chegouse co resultado de 1-0 e cun Pontenova moi comodo no campo. A segunda parte empezou cun Sporting controlando o xogo e que non pasaba demasiados apuros, ainda que o Candelaria tivo unha oportunidade clarisima que salvou Juanki cunha gran intervencion. Pouco despois, nunha boa xogada dos pontenoveses, Maqueto enviou un gran pase a Puente, deixandoo so ante o porteiro, e este definiu cunha gran vaselina que se colou na porteria local, conseguindo asi o empate. Eran os mellores momentos do Sporting, que estaba poñendo en serios apuros a un rival que se via totalmente desbordado. Pero os locais foronse despertando e comezaron a ter oportunidades, e nunha desas lograrian o segundo gol cun cabezazo despois dun centro dende a banda esquerda. Tocaba ir a por todas, e os de Sachas non tardaron en reaccionar, volvendo a levar perigo a porteria local ainda que tamen pasaron apuros con algunha accion dos cervenses. O empate definitivo chegaria logo dunha falta que transformou Fran de maneira impecable, colandose na porteria pegada o pau e imposible para o porteiro. Despois dese gol chegaron os momentos mais tensos do partido, producindose tanganas entro os xogadores en mais dunha ocasion. Nunha desas acabou expulsado Carlos, que se perdera o ultimo partido de Liga. E asi, con 2-2, chegouse o final do partido.
Logo desta victoria, o Sporting Pontenova xa non depende de si mesmo para lograr o ascenso a segunda autonomica. Esta obligado a gañar na Mina o Codesido e esperar que o Candelaria non gañe na sua visita ao Catro Roldas, partido no que ambos equipos se xogan subir de categoria. Dende aqui queremos dar as gracias os numerosos aficionados que se desplazaron a Rua co equipo e que non deixaron de animar en todo o encontro, e tamen pedir que o proximo fin de semana acudan a Mina e volvan a estar co Sporting, a ser posible celebrando o ascenso.

No hay comentarios: