lunes, 6 de abril de 2009

3ª Autonómica: O Sporting segue dependendo de si mesmo logo de superar o Momán na Mina (2-0)

Martes 7 de Abril de 2009

O pasado sabado viuse no campo da Mina un bo partido no que o Sporting Pontenova acabou derrotando a un Moman que puxo en serios problemas aos homes de Sachas. No primeiro tempo os visitantes foron un equipo duro, ordenado e correoso, polo que a maior calidade dos pontenoveses viase respondida por un xogo mais fisico por parte dos chairegos, e unha e outra vez os dianteiros locais chocaban contra a ben plantada defensa rival. Mediada a primeira parte, Fran puido marcar nunha gran xogada individual pero o porteiro do Moman respondeu cunha gran intervencion. O descanso chegouse sen goles, pero na segunda parte o Sporting, que necesitaba unha victoria case por obligacion, tirou de oficio e conseguiu impoñerse no xogo. O primeiro tanto foi obra de Javi, que conseguiu superar o porteiro do Moman logo de rebotar o balon nun defensa visitante. Este gol deu alas os mariñanos, que pouco a pouco ian chegando con mais perigo e Fran de falta, Puente ou Javi puideron ampliar a ventaxa no marcador. E foi este ultimo quen conseguiu perforar a meta visitante logo dunha boa xogada persoal, que culminou cun gran remate pegado o pau logrando o segundo gol na sua conta particular. Co marcador de 2-0 chegariase o final do partido.
Con esta victoria os de Sachas situanse segundos con 52 puntos, a so 2 do Meira e do Catro Roldas, cuarto e quinto respectivamente, pero contando ambos cun partido menos, que disputaran este xoves. Desta maneira os pontenoveses dependen de si mesmos para asecender, pois logrando vencer os dous partidos que lle quedan certificarian o ansiado ascenso. O primeiro deles sera o proximo fin de semana e contra un rival directo, o Candelaria, lider da categoria con un punto mais que o Sporting.

No hay comentarios: